Xa estamos funcionando a pleno rendemento, mais tiñamos unha débeda pendente: presentar o noso club de lectura ao alumnado que se acaba de estrear no centro en 1º ESO.
Por fin chegou ese día de facermos as presentacións e podemos verificar que a recepción foi do máis positiva.
Estamos seguras de que en breve un novo equipo lector dará moito que falar en Coristranca e que ler...
De quen será o mérito principal? Pois de Carla, Uxía, María e Aarón, expertos lectores de 4º ESO.
Sem comentários:
Enviar um comentário