Mostrar mensagens com a etiqueta opinión. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta opinión. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 19 de junho de 2015

AÍ VOS VAI A DESPEDIDA DERRADEIRA

Este final de curso tiña que estar blindado para esa parte representativa do alumnado que se nos vai do centro e tamén do club de lectura.

Levades convosco a experiencia máis prolongada no club de lectura e deixades en nós a estrañeza pola vosa ausencia.

Grazas pola vosa fidelidade e por compartirdes connosco a emoción da lectura e da boa conversa.

Deica sempre! Aquí vos seguiremos esperando e convocando, mais xa desde a sección do Club das ex!!!!



AS PROFAS DO CLUB DE LECTURA TAMÉN DESPIDEN O CURSO

Como valorarán algunhas das profesoras participantes, xunto co alumnado, a experiencia lectora e conversadora deste curso?

Coincidirán as súas opinións coas do alumnado?

Contaremos con elas para o próximo curso?

A ver, a ver... imos escoitalas...


quinta-feira, 18 de junho de 2015

MÁIS DESPEDIDAS DESDE O CLUB DE 2º ESO

Como se nota a experiencia dun segundo ano de participación nas lecturas e nas actividades do club de lectura!!! 

Vaia nivelazo!!!


CHEGOU A HORA DA DESPEDIDA

Temos que ir pechando a aventura deste curso tamén no club de lectura. E nada mellor que tomaren a palabras as principais protagonistas, as lectoras e os lectores. Cadaquén coa súa valoración, a súa opinión e achega construtiva para que o vindeiro curso sexa aínda moito mellor.

Que ben fala este equipo de 1º da ESO e iso que empezaron en xaneiro a ler "en serio" como os maiores!!!

Escoitade, escoitade!!!


domingo, 25 de janeiro de 2015

TOMAMOS A PALABRA II

E seguimos coa rolda de pequenas reseñas sobre as lecturas que imos descubrindo. Nesta ocasión, cedémoslle o paso ao comentario crítico de Ana Rodríguez Rodríguez (3º A) sobre a novela Futuro imperfecto, de Xulia Alonso.

O amor e o olvido, a vida e a morte.

Estas catro verbas son a clave a partir da cal nace Futuro imperfecto, unha historia totalmente real, contada pola persoa que foi quen de vivila máis de cerca, a escritora e protagonista Xulia Alonso.

Esta autobiografía cóntanos a experiencia de Xulia, desde os seus dezasete anos, como estudante universitaria en Santiago, onde atopa a peor época para ser unha moza en busca dunha liberdade, o que a levará a parar ao mundo das drogas, como a moitas persoas adolescentes da súa xeración.

A súa loita contra o VIH e a que tamén sufriu o seu compañeiro, Nico, unha das persoas máis importantes da súa vida, pai da súa filla, e a quen axudou a saír adiante todo o posíbel cando nin ela mesma podía. Importantísima tamén a súa filla, pois grazas ao amor de nai, puido seguir coa súa vida despois da perda de Nico.

Unha historia fascinante, que será imposible ler sen que o corpo do lector sufra algún calafrío.

TOMAMOS A PALABRA

Algunhas das lectoras da sección do club de 2º ESO toman a palabra e escriben sobre a última lectura que fixeron, Unha estrela no vento, de Ledicia Costas.

Guiádevos por elas...

A min o que máis me gustou deste libro e o que máis me impresionou foi o personaxe de Abel. Encantoume cando na parte final lle di a Miguel, seu curmán, que se ía á pelexa que estaba convocada tería que coidalo e así non pelexaría. Esa parte foi preciosa, dadas as características tan peculiares de Abel. Creo que foi un dos mellores libros que lin.

Lucía Veiga Veres

Ledicia Costas no libro Unha estrela no vento fai que te metas de cheo na historia e que ao final sintas tristeza por Abel e incluso chegues a chorar.
Ten un final moi curioso, xa que case todos os libros che pintan a vida coma se fose de cor rosa cando o certo é quea vida ten momentos grises e o final pode ser malo.
Neste libro podemos ver algo que agora é moi común como é a falsidade dos amigos.
Gústame que Ledicia escribise o libro cando era nova porque é un punto de vista que eu podo compartir.
Un libro moi recomendable!
Lucía Olmedo Velo

 
A miña opinión sobre Unha estrela no vento é de 10!
É un libro fantástico xa que te introduces nel, na súa trama, como se che estivese a pasar a ti.
Foi unha lectura triste, emocionante, divertida e sinxela. Cada capítulo engánchaba máis e máis.
É un libro fabuloso!
María Rodríguez Fernández


A min pareceume unha historia moi entretida. Parece real!
Enganchoume moito, encantoume. Mais gustaríame que houbese un segundo libro onde Reina e Miguel casaran e tiveran un fillo ao que lle chamaran Abel en recordo do seu primo falecido.
O Bruto é un dos peores personaxes do libro, xunto co pai de Miguel. O Maqui é, en palabras non moi afinadas, un "cabrón", por non lle chamar outras cousas.
Xoan é un moi bo amigo, xunto con Martiño e Bernabé, que me parece un excelente barman; Reina é perfecta, unha moza moi agradable que, queda claro, non ter por que ser mala persoa polo feito de ser xitana.
Á fin, este libro pareceume máis que marabilloso!

PD: A profesora de literatura era unha augafestas e tiña un certo parecido con María :-)

Julián Fuentes Cancela

domingo, 13 de outubro de 2013

LER PARA...


"Ler para desaprender" é o título deste artigo de opinión asinado por Francisco Castro, un escritor que boa parte do club xa coñecemos persoalmente o curso pasado.

Recomendamos a súa lectura e propoñemos unha tarefa colectiva.

Como responderías ti á pregunta Para que ler? 

Ler para...