Xa se coñece a proposta videoliteraria gañadora do concurso RETO LECTOR! que a Editorial Galaxia puxo en marcha hai uns meses.
Mirade que fermosura de convite lector para esta obra que moito nos sorprendeu entre as nosas lecturas este curso: O neno inverno, de María Canosa, autora coa que tivemos a fortuna de conversar na nosa biblioteca.
E sempre que hai gañadora, tamén hai finalistas, así que ollade por aquí estoutras propostas que nos poden dar pistas para as lecturas deste verán.
Bianca, María, Patricia e Lucía ofrécennos unha nova entrega da nosa serie booktuber como peche da lectura desta novela que tanto prendeu nelas, como en todo o noso club de lectura.
O noso club de lectura gusta moito de experimentar e innovar, así que pensou en dar o salto á gran pantalla!!!
Iniciamos, da man de Antía e Esperanza, esta nova experiencia como booktubers a partir da lectura que fixemos conxuntamente da novela de María Reimóndez, A dúbida.
Seguro que atopades pistas de lectura interesantes, mais non esquezades que nunca se conta todo...
Esta semana, previa á chegada do Samaín, as participantes no club de lectura colaboran co EDLG no programa de lecturas de medo compartidas co alumnado na biblioteca de secundaria e deslocaranse tamén ao punto de lectura de primaria para participar da súa Hora de Ler.
Abrirá a quenda da contada o noso querido escritor e amigo do centro, Agustín Fernández Paz, a quen lembraremos no noso día a día de xeito especial durante este trimestre.
Até agora, neste blog recollemos moitas reseñas literarias escritas, de membros participantes nas diferentes seccións do club de lectura e tamén do noso famoso Club d@s Ex, que segue a partillar connosco os seus títulos preferidos.
Mais este curso agárdanos unha nova que ha dar que falar e, sobre todo, que ver!!!
Xa sabedes o que son os booktubers? Pois atención, porque en Coristranca non nos imos resistir á tentación de nos colocarmos diante da pantalla para falar de libros.
Quen será a primeira? Sorpresa!!!
Imos deixarvos un petisco con esta especial recensión da obra de Sechu Sende, Made in Galiza.
Enchemos a mochila do verán con novas lecturas e para iso tomamos prestada esta completa exposición de animación á lectura elaborada pola veciña Biblioteca e o EDLG do CPI As Revoltas.
Cantas caras coñecidas imos atopar por aquí! Menudas sorpresas que nos dá a lectura!
Temos que ir pechando a aventura deste curso tamén no club de lectura. E nada mellor que tomaren a palabras as principais protagonistas, as lectoras e os lectores. Cadaquén coa súa valoración, a súa opinión e achega construtiva para que o vindeiro curso sexa aínda moito mellor.
Que ben fala este equipo de 1º da ESO e iso que empezaron en xaneiro a ler "en serio" como os maiores!!!
Aínda podemos lembrar o obradoiro de expresión escrita que hai o curso pasado realizamos coa poeta coruñesa Dores Tembrás.
Hoxe traémola para este noso mundo creativo lector virtual a raíz da recente publicación do seu novo poemario Cronoloxía da urxencia, que foi Premio do Certame de Poesía do Concello de Carral.
Antes de entrar na lectura de tan fermosos e suxerentes poemas, imos coñecelo en formato audiovisual con esta peza de imaxe silenciosa...
Habitualmente lemos as contraportadas dos libros para facernos unha idea do seu argumento.
Outras veces, consultamos o método infalíbel do boca a boca para que a tentación da lectura nos vaia penetrando desde a opinión das e dos lectores máis anticipados.
Nesta ocasión imos botar man deste booktrailer que nos introduce no argumento d´A viaxe de Gagarin, a última novela de Agustín Fernández Paz.
Os poemas de Rosalía de Castro de sempre foron moi ben acollidos musicalmente. Solistas e grupos con ritmos sonoros ben diferentes téñense achegado aos seus versos para seren cantados por sucesivas xeracións.
Unha das versións musicais máis recentes é a da cantante Najla Shami que podemos escoitar no seu disco "Na lingua que eu falo".
Velaquí o videoclip "Camiño Branco" que pon música ben persoal ao poema que máis abaixo podedes ler.
Dende aquí vexo un camiño
Dende aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que n'o sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals,
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.
Xa collas para Santiago,
xa collas para o Portal,
xa en San Andrés te deteñas,
xa chegues a San Cidrán,
xa, en fin, te perdas... ¿quén sabe
en dónde?, ¡qué máis me dá!
Que ojallá en ti me perdera
pra nunc amáis me atopar...
Mais ti vas indo, vas indo,
sempre para donde vas,
i eu quedo encravada en onde
arraigo ten o meu mal.
Nin fuxo, non, que anque fuxa
dun lugar a outro lugar,
de min mesma, naide, naide,
naide me libertará.
Estabades agardando o día en que Coristranca volvese dar que falar polo centro?
Pois ese día chegou! Desde hoxe, fica inaugurado o curso 2013-2014 máis lector do mundo!
Desde finais do curso pasado gardamos unha sorpresiña para este momento. Sorpresa para os que son máis experiementados no club... Sorpresa para quen aínda non nos coñecen...