Blogue do Club de Lectura do CPI 'Alcalde Xosé Pichel' de Coristanco
sábado, 27 de março de 2010
COMEZAMOS COS PREPARATIVOS DA REPRESENTACIÓN DA COMEDIA BÍFIDA
quinta-feira, 25 de fevereiro de 2010
sábado, 20 de fevereiro de 2010
REPRESENTACIÓN DA COMEDIA BÍFIDA
EN GALEGO, POR QUE NON?
Dentro dunha campaña de normalización lingüística desenvolvida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a obra de teatro Comedia Bífida representouse para alumnado de centros escolares de toda Galiza. Porque non todo é o que parece...
COMEDIA BÍFIDA
A primeira obra escollida para o alumnado de segundo ciclo que participa no Club Coristranca é Comedia Bífida, de Manuel Núñez Singala. É, como o propio nome indica, unha comedia disparatada que trata sobre os prexuízos contra a lingua galega que aínda existen na sociedade.A sinopse da obra que aparece nos programas de man da súa representación di así:
Logo de caracterizar ao público, segundo vai entrando, como cadáveres, entra San Pedro e explica que están na sala de xuízos, agardando a que veñan o avogado defensor (San Xudas, patrón das causas perdidas, pero vén un Arcanxo -en realidade, un anxo en comisión de servizos-, substituto de San Antón, porque o Xefe confundiu o patrón das causas perdidas co patrón das cousas perdidas e San Antón está de baixa pois trabouno un can) e a acusación (que é Luci, en representación de Lucifer, unha muller de negro, provocadora, vulgar e sensual). Unha vez escollidos os membros do xurado entre o público, comeza o xuízo presidido por San Pedro.
Toca xulgar a deslealdade lingúística: os que non defenden o galego non merecen ser galegos. A primeira acusada en calidade de nai é Elpidia, que se fai chamar Diña: fala en castelán e quere que os seus dous fillos tamén o fagan, aínda que un verán tivo que pagarlle a pasantía a un deles que só suspendeu galego. O segundo, Eliseu, que fala sempre en galego aínda que pensa que non vale máis alá de Pedrafita, e na aldea todos empregan o galego menos o cura, polo que con el falan en castelán como poden. Logo, Lina e Lana, dúas siamesas, aínda que unha naceu na Coruña e outra en Vigo; son do Dépor e o Celta e parécelles o galego lingua de pailanes. Entra logo o empresario Pepe, acusado de deslealdade coa lingua pois aínda que di que é bilingüe e fala segundo lle pete fai un uso diglósico: coa secretaria que incompetente, que pretende como amante, en castelán, coa muller, en galego, coa directora do colexio privado, castelán, e coa profe da pasantía en galego, para despedila; pensa que xa que estamos na Unión Europea cumpría unificar todo para aforrar custes.
E cando o xuízo está visto para sentenza, entra un anxo dicindo que o xuízo non vale pois o público non está morto e en realidade son espectadores dunha (divertida) obra de teatro.
