Este club de lectura é imparábel, non descansa nunca!
Despois das lecturas e das tertulias, agora tamén se anima o alumnado do club a escribir as súas reseñas máis persoais para partillalas con tod@s nós.
A lectura do novo libro de Marcos Calveiro, Todos somos, será o protagonista desta semana.
Velaquí a primeira reseña de Daniel Camafreita Vilas, de 3ºA.
Dende a miña perspectiva, Todos somos é un libro realista que explica a situación da desaparición
dunha rapaza dende catro puntos de vista diferentes:
1- O pobo: a xente do pobo preocúpase pola situación e pensan que,
se desapareceu unha rapaza, poden desaparecer máis, polo que tratan de vixiar
ao máximo os seus fillos ata o punto de que saiaan todos xuntos da
casa, co acompañamento duns pais que se turnan para acompañalos á
escola. Na parte na que lle pegan a un rapaz que está coa súa parella
tamén se nota a tensión que hai no pobo.
2- Antón: Antón era o que máis contacto tiña con Natalia fóra da
escola, falaban moitas veces no portal da súa casa. Cando Natalia
desaparece, Antón sofre pola súa desaparición, polo
comportamento dos seus pais e porque pensaba que nada volvería a ser
como antes.
3- Belén Soliño: Belén foi una periodista pícara á que non lle
importaba o sufrimento dos pais e non tiña respecto pola intimidade da nena desaparecida.
Dedicouse a sacarlle a máxima información ao caso só para que a
audiencia do programa no que traballaba subise. Ao final, consegue que lle ofrezan un
contrato nunha cadea nacional. Dá unha lección de como está o país, en relación á manipulación dos medios de comunicación. Sen
importarlle os sentimentos de ninguén, pode conseguir un traballo mellor.
4- Lina Souto: Lina miraba o caso de Natalia como investigadora, mais como algo persoal
por culpa dun suceso que lle pasara a ela no pasado. Ía investigar todo o que
fose necesario para encontrar a Natalia.
O libro está moi ben, aclara ideas e descúbrenos cousas que ao
mellor antes dubidábamos. Recoméndollo a todo o mundo pero en especial a
todo ese mundo que está detrás do televisor e lle fai caso a todo o que din
no telexornal.