Desta volta é a nosa excompañeira do club Patricia Bardanca quen volve onda nós para compartir o seu novo percorrido lector.
Lourenço Xograr é o título da novela de Manuel Portas que ela nos recomenda con esta ben suxestiva reseña.
Moitas grazas, Patri!!!
A última lectura que fixen foi a de Lourenço Xograr, unha historia ambientada no século XIII, na Idade Media, que nos transporta a outra sociedade, a outros pensamentos e á nosa lírica medieval. Poderemos contemplar esta época vista dende diferentes perspectivas.
Lourenço é o gran protagonista desta novela, na que haberá múltiples aportacións históricas e políticas reais desa mesma época.
A novela divídese en dúas partes, a primeira cun narrador omnisciente que narra a vida de Lourenço e a segunda con diferentes narradores, todos personaxes da novela, que nos irán contando a historia dende a súa perspectiva. Nalgún caso mesmo farán denuncias sociais, como consecuencia de numerosos comportamentos que se daban.
Recomendo esta lectura porque nos traslada a unha historia ficticia dunha época pasada da nosa Galicia, pero con intervención de personaxes que si existiron, como María a Balteira, e con acontecementos históricos e políticos que tamén foron reais. Unha historia na que comprenderemos moitos pensamentos e situacións que se viviron anteriormente e que a miúdo nos custa crer.

Sem comentários:
Enviar um comentário