Este luns ampliamos a xornada escolar para a nosa puntual tertulia literaria coa sección do club de lectura de 1º ESO.
A lectura que nos convocou foi Engurras e moito prestou este texto diferente no seu formato, banda deseñada, e na temática, a doenza do alzheimer nos nosos maiores.
Lectura recomendadísima polo noso club tal e como vos comentan por aquí.
Pareceume moi triste, pero ao mesmo tempo algunhas partes facían un pouco de gracia. O final é aberto e ao principio non o entendía ben, pero logo... Doullle un 8! (Ivanna)
Pareceume un libro cunha mestura entre gracioso e triste, pero a verdade é que me encantou! (María)
Deume pena o protagonista, enfermo de alzheimer, porque o seu fillo e a súa nora o mandan por iso a unha residencia. (Tania)
Pareceume entretido e, a pesar de ser triste, tiña partes moi graciosas. Eu doulle un 9! (María)
Sem comentários:
Enviar um comentário