Este martes 21 de febreiro o equipo de radio da sección do club de lectura de 3º ESO volveu vibrar nas ondas na emisora de Radio CUAC FM.
Moit@s de vós escoitastes o resultado do seu traballo de guionización ao vivo, entre as 17 e as 18 horas, mais imos deixarvos aquí o enlace para a súa escoita on line para que non perdades ningún dos interesantes contidos que neste programa descubrimos.
Que queredes algunha pista? Pois... por exemplo unha magnífica e completa entrevista ao escritor Francisco Castro, un saúdo de presentación á nova académica, a escritora Marilar Aleixandre, unha lembranza da xornada do venres 24 de febreiro, identificado como Día de Rosalía, neste seu 180 aniversario e unha sorpresa musical inesperada a cargo das propias locutoras, Carla e María...
A vosa curiosidade xa non agarda máis, non si?
Sem comentários:
Enviar um comentário