Continuamos este curso enriquecendo a nosa sección de encontro literario co Club d@s Ex-.
A primeira en voltar a este recuncho para o reencontro é Ana Seoane, que nos ofrece unha ben suxestiva lectura: As voces baixas de Manuel Rivas.
Todo un convite á lectura!
Grazas, Ana!!!
María, a irmá do
narrador, é o fío condutor dos diferentes capítulos que constitúen As
voces baixas, de Manuel Rivas.
O autor, con esta obra, achéganos aos recordos
da súa infancia e ás persoas que formaron parte dela, ademais de recrear os distintos
puntos da cidade da Coruña da época. Nas diferentes pasaxes do libro pódense
apreciar os recordos e a melancolía do protagonista, pero sobre todo resalta a
retranca galega do escritor.
Desde logo trátase dun exemplar distinto, que non engancha desde o primeiro
capítulo pero que esperta grande curiosidade no lector/a, o/a cal desexa saber
máis.
Chegando ao final dos relatos é máis doado comprender a historia
completa. Polo tanto, recomendo que se faga unha lectura calmada e gozar da mesma.
Convídovos a que investiguedes quen son as voces baixas ás que se refire o autor na obra.
Sem comentários:
Enviar um comentário