O prometido é débeda, así que xa temos todo pronto para que o noso primeiro programa deste curso chegue en diferido a todas as nosas radiooíntes.
Con todas vós, o programa número 177 de "A Fume de Carozo"!!!
Foi unha experiencia de guionización laboriosa en que Elena e Ana exerceron de guías para Diego, Anna e Enma, que estaban de estrea na peixeira de Radio CUAC FM.
Precisamos moooooooita concentración...
... pero todo saíu estupendamente... ou non é así?
Que pensades vós?
Para quen non puido escoitarnos ao vivo, velaquí vos deixamos o enlace. E para quen moito gustou e quere descargar o programa, tamén pode acceder desde aquí.
O noso agradecemento a Roberto Catoira, técnico de son, que sempre nolo fai todo moito máis fácil e engaiolante e tamén ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña, promotor do programa.
A
aperta máis grande para a nosa escritora de referencia, Ledicia Costas,
multipremiadísima nos últimos meses, amiga deste club, que sempre nos
recibe con todo o afecto e con quen mantivemos unha ben interesante
conversa telefónica ao vivo.
Non a perdades!!!!
Escoitámonos no vindeiro programa do 23 de febreiro!!! Xa estamos mans á obra!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário