A semana foi transcorrendo entre palabras de medo e a biblioteca foi o
lugar do noso encontro co alumnado de primaria e de secundaria.
Unha parella representativa de 2ºB e de 3ºA foi quen de recoller todos os medos da súa aula e recoñecelos en público. A quen e a que pensades que lle teñen medo?
Algunhas das participantes no club de lectura prepararon lecturas para o alumnado do 1º e 3º ciclo de primaria.
Serían capaces de lles pór medo?
Incluso algunha escritora nos leu o seu microrrelato premiado no concurso concocado polo EDLG.
E algunhas transformáronse para sentir ao vivo a noite de Samaín!!!
E tamén houbo quen non dubidou en partillar o tempo de recreo de secundaria para pór en común personaxes e accións que fan tremelicar ou convivir por uns segundos co suspense...
Sen dúbida uns recreos, para secundaria, e unha hora de ler, en primaria, ben diferentes!!!
Para o ano que vén, ameazamos con recuncar!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário