Xa chegou o momento de escoitar por primeira vez ou de volver a encontrarnos nas ondas internetplanetarias.
O noso foi o programa número 150 de "A fume de carozo", emitido o 25
de novembro de 2014, Día contra a Violencia de Xénero. Está promovido polo Equipo de Dinamización da
Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña e grávase no estudo "José Couso" de Radio CUAC FM.
De violencia de xénero e tamén de
literatura, cunha entrevista a Ledicia Costas, o equipo de locución estivo composto polas alumnas de 4º e membros do Club de Lectura de centro, Iria Castiñeira, Vanesa Varela, Leticia Muíño e Nerea
Fuentefría.
Grandes parabéns para todas elas!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário