Retornan as reseñas literarias ao noso blog da man de Soraya Mato (3º A) ao redor da súa última lectura, Recinto Gris de Ledicia Costas.
O libro de Ledicia Costas, Recinto Gris, mostra unha temática á que tal vez non todo o mundo está moi acostumado.
Á cidade Vii chegou un exército de grandes e fortes homes de uniforme e cara de lobo que buscan recrutar a todo aquel que sexa "diferente" por consideraren que non cumpren os seus ideais.
A todas as persoas recrutadas trasládanas ao Recinto Gris, un lugar no que lles fan cambiar a súa vestimenta por un uniforme a raias e un número; a partir deste momento non teñen nome, perden a identidade.
Entre eses seres "diferentes" atópase Nube, unha nena solitaria e moi reflexiva á que lle encantan os peixes e á que tamén consideran "fóra dos prototipos".
A medio camiño de Recinto Gris descobre que non vivirá unha inquietante e infrahumana experiencia soa, xa que a seu avó tamén o levaran.
Sen dúbida ningunha, este é un libro que fai sentir moitas emocións e moi diferentes.
Blogue do Club de Lectura do CPI 'Alcalde Xosé Pichel' de Coristanco
domingo, 12 de abril de 2015
quinta-feira, 9 de abril de 2015
TERTULIA LITERARIA ESPECIAL
A volta das vacacións da Pascua gardádanos unha sorpresa pola que levabamos moito tempo agardando no club de lectura: desde finais do curso pasado, nin máis nin menos!
Sabemos que todo o bo se fai sempre de agardar, mais tamén chega e onte foi unha tarde especial grazas á visita da escritora Ledicia Costas.
Leti e Iria, de 4º A, presentáronnos moi amabelmente a autora das nosas lecturas: Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, Recinto Gris e Escarlatina, a cociñeira defunta.
Leti e Iria, de 4º A, presentáronnos moi amabelmente a autora das nosas lecturas: Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, Recinto Gris e Escarlatina, a cociñeira defunta.
Foron moitas as preguntas e respostas que compartimos ao redor de cada novela, mais tamén de cada proceso creativo que se esconde en cada narración, inzadiño de acontecementos da vida de todas e tamén de anécdotas e experiencias persoais da propia autora.
Imposíbel ocultarvos o moito ben que ben o pasamos!!!
Grazas pola túa visita, Ledicia, quedas en nós na lembranza e nas túas palabras impresas!!!
domingo, 15 de março de 2015
ENTREVISTA A MARÍA REIMÓNDEZ
A autora de Usha! responde as nosas preguntas, unha vez rematada a lectura.
Que magnífica sorpresa!!!
1. Que
foi o que che inspirou o contido do libro?
Inspiroume
a pouca sensibilidade que polo xeral temos cara ás persoas que viven
noutras culturas, mesmo cando as temos ao noso arredor. É habitual
que convivamos con nenas e nenos doutros lugares sen pararnos a
pensar nas moitas cousas que poderiamos aprender das súas culturas e
do importante que é esa aprendizaxe. Obviamente, tamén me inspirou
o feito de levar convivindo co sur da India máis de 20 anos polo
traballo que fago con Implicadas no Desenvolvemento
(www.implicadas.com)
2. A
personaxe de Usha nace dalgunha persoa real? E a nai?
Non,
a personaxe de Usha é unha personaxe de ficción, tamén a súa
mai. Pero está baseada en todas as nenas que senten curiosidade
polas outras e que queren buscar respostas ás cousas por si mesmas.
3. Por que nunca se fala do pai de Usha?
Para
contestar esta pregunta debedes ler «Volvo! O regreso de Usha», de
feito o libro naceu polas moitas veces que se me fixo esta pregunta
a raíz de Usha. Non todas as nenas e nenos teñen un pai e unha
mai, hai quen ten dúas mais, dous pais, vive só coa mai ou co pai,
con avós e avoas. A literatura ten que dar cabida a todas esas
nenas e nenos e deixar de fomentar unha sociedade na que só
algúns/algunhas poidan verse reflectidas nos libros.
4. Á vista da túa biografía, pensamos que nesta lectura pode haber influencias das túas experiencias persoais na India. É así?
Creo
que é importante non confundir a experiencia coa biografía. Por
suposto que as miñas experiencias, non só na India, marcan o que
escribo. Pero iso non quere dicir que eu necesariamente vivise
exactamente as cousas que se narran nos libros. É certo que procuro
escribir sempre de lugares que coñezo e nese sentido Devastana está
directamente inspirada nunha aldea de Karnataka na que pasei
bastante tempo e que se chama Jagalur. Cando eu visitei Jagalur por
primeira vez hai máis de 20 anos non había nin un teléfono, hoxe
ten páxina na Wikipedia (http://pt.wikipedia.org/wiki/Jagalur)!
Loxicamente o libro reproduce a vida habitual na aldea pero as
historias que se contan son o resultado da observación e logo a
miña propia imaxinación.
5. É a vida na India tan difícil como se describe no libro?
Non
era consciente de que a vida que se describa no libro sexa
«difícil», creo que en todos os lugares as nenas e os nenos
atopan diferentes atrancos e cousas que non lles gustan, pero eu
confío na súa capacidade para forxar amizades e cambiar as cousas.
A India é un país moi grande e as condicións de vida son moi
diversas, non se pode tomar unha novela como a explicación dun
país. Quero dicir con isto que cando lemos un libro protagonizada
por unha nena ou un neno que vive en Galicia non pensamos que ese
libro describa a totalidade do que acontece no noso país, non si?
Pois o mesmo acontece con Usha.
Porque
no libro quería falar da confianza, da aprendizaxe e tamén
enmarcar a Usha no seu contexto que nese tipo de cousas é moi
diferente do noso.
7. Pensas voltar á India pronto? Que é o que te leva alí periodicamente?
Espero
que no verán. O que me leva son as persoas e o traballo que fago
con ellas, o que aprendo cada día.
8. Xa vimos que está publicada unha nova historia de Usha. Que podemos encontrar nesta lectura?
Iso
teredes que descubrilo vós mesmas/os pero creo que algo xa vos
adiantei!
Moitas, moitas grazas, María, desde o Planeta Cristranca!!!
Etiquetas:
entrevista,
María Reimóndez,
narrativa,
primeiro ciclo,
Usha
domingo, 8 de março de 2015
MISTERIO DESVELADO!!!
Preguntabamos hai uns días por onde andaba unha parte do noso club de lectura fóra do centro e en horario extraescolar...
Pois velaquí tedes a resposta gráfica...
... e o testemuño sonoro neste enlace directo ao programa "A fume de carozo" que gravamos en RADIO CUAC FM na tarde do pasado martes.
Que opinades da estrea do noso equipo locutor?
Va que merecen todos os nosos parabéns Carmen Antelo, Soraya Mato, Ana Rodríguez, Samuel Abelenda e Elena Rey ?
Etiquetas:
3º ESO,
actividades extraescolares,
alumnado,
audios,
radio,
segundo ciclo
terça-feira, 3 de março de 2015
POR ONDE ANDARÁ UNHA PARTE DO NOSO CLUB DE LECTURA?
E sobre todo...que andará a facer?
A ver se, en breve, contan algo porque esas caras son moi delatadoras...
Etiquetas:
3º ESO,
radio,
segundo ciclo
segunda-feira, 2 de março de 2015
VIAXE CARA Á INDIA CON USHA
Usha, Devastana, Karnata, Lakshmi e Deepak son palabras que aprendemos a pronunciar grazas ao club de 1º de ESO o pasado xoves 19 de febreiro na tertulia á que nos convocou Usha, a novela de María Reimóndez.
Rematado o noso entroido galego, viaxamos cara á India para descubrir outras formas de existencia, ordenadas con culturas e palabras diferentes, mais expresivas de formas de vida propias do oriente que para nós, desde o occidente, son grandes descoñecidas.
Mais a emoción, a amizade, o amor a solidariedade sabemos que son sentimentos comúns que non entenden de razas, cores, linguas, vestiarios, costumes...
Aínda así, algunhas preguntas quedaron no ar e quen mellor que María Reimóndez, a escritora que converteu Usha en personaxe con vida propia para nolo contar.
Atención!!! Porque xa sabemos que dentro duns días lanzaremos por esta xaneliña unha entrevista en exclusiva que a autora nos acaba de conceder!!!
Etiquetas:
María Reimóndez,
narrativa,
primeiro ciclo,
tertulia literaria,
Usha
Subscrever:
Mensagens (Atom)
















