Ano novo, tertulia nova!
Aquí estamos co club de lectura de 2º ESO para poñer en común o misterio e tensión que nos envolveu na lectura d´A neve interminable, de Agustín Fernández Paz.
Lucía achéganos unha breve reseña para deixarvos pistas lectoras a quen andades a procurar suxestións e María sorprenderavos moi axiña cun novo booktuber.
Si, si, lestes ben. Atención ás súas pantallas!!!
Este libro trata sobre tres mulleres e dous
homes que eran guionistas de profesión e son os encargados de realizar unha nova serie para
a televisión.
Para concentrarse deciden ir a un hostal en Lugo. Cada un deles
crea unha historia e vana contando ao
longo da semana.
Mais a neve comeza a caer sen fin e empezan a notar algo raro nos
donos do hostal…
Sem comentários:
Enviar um comentário