Este martes mantivemos un novo encontro tertuliano coa sección do club de 4º.
A lectura de Futuro imperfecto, asinado por Xulia Alonso, deixou unha forte pegada en todo o equipo lector e moito o recomendamos. En breve, deixaremos por aquí algunhas pistas...
Desde aquí queremos darlle a benvida ao noso tempo e espazo de conversa presencial a Esperanza, unha nai que, desde comezo de curso, nos acompaña a profesoras e alumnado como lectora fantástica nesta singradura que nunca nos decepciona.
Viva Coristranca!
Que marabillosa imaxe a de Futuro imperfecto nas vosas mans! Que gocedes coa súa lectura. Moitos bicos e mil grazas.
ResponderEliminarConvido,a quen queira mergullarse na dozura,tenrura e beleza dunha mirada atlántica;a pasear polas páxinas de Futuro imperfecto.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminar