Por fin chegou o encontro máis agardado para o noso club de lectura.
Mágoa que non puidésemos desprazarnos todos os membros do club a Vigo, á sede da Fundación Penzol, para coñecermos a Agustín Fernández Paz. Ficará, pois, na lembranza do alumnado de 3º e 4º de ESO.
Case parecía que o coñeciamos despois de tantas e tantas lecturas, despois dunha demorada e completa entrevista radiofónica no noso programa "A Fume de Carozo", mais faltaba este encontro presencial para nos desenredar as "intimidades" da súa escrita.
Seguro que nin imaxinades de onde nace o "chispazo" das súas obras: dun anuncio publicitario das páxinas dun xornal, dunha fotografía tamaño carné tirada na rúa, das súas inquietudes pola física e pola astronomía...
Canto nos prestou este deslocamento a Vigo desde Coristanco. Grazas, moitas grazas Agustín, por acudires ao noso chamado.
Seguímonos encontrando na lectura da túa nova novela recentemente publicada e que trouxemos como delicado agasallo teu, ben característico da túa xenerosidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário