O Proxecto Neo, nado da colaboración entre Radio Burela e a Área de
Innovación Educativa do IES Perdouro ocupou boa parte do tempo de
emisión do seu programa número 121 centrando a atención no último
programa de radio que o noso equipo locutor do club de lectura gravou
recentemente.
Desde este enlace
(a partir do minuto 33) podemos acceder ao programa que recoñeceu o traballo do noso alumnado
personificado na entrevista a Soraya Mato de 3º A-ESO.
Parabéns por este recoñecemento para todo o equipo!
E xa anunciamos que o martes vindeiro un novo programa deste equipo voltará ás ondas!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário