LECTURA - AUDIO
E que tal se, ademais de lermos en silencio e solitariamente O único que queda é o amor, escoitamos un pequeno fragmento do relato titulado "Esta estraña lucidez" na propia voz do autor?Escoitade, escoitade...
E como seguramente xa estaredes desexando comezar a ler a narrativa cargada de misterio de Agustín Fernández Paz, picade neste enlace e viaxaredes dereitiñas e dereitiños ao mundo de Corredores de sombra. Non vola perdades, non hai escusa porque tamén está na nosa biblioteca de secundaria.
Nunca pensei que un can puidese "ladrar" en primeira persoa ;-))))
ResponderEliminar