quarta-feira, 23 de fevereiro de 2011

ROSA ANEIROS E NÓS


Velaquí vos deixamos a proba gráfica e irrefutábel do paso da escritora Rosa Aneiros polo noso centro. As testemuñas deste encontro irémosvos deixando por aquí comentarios coas impresións que deixou en nós esta tertulia literaria ao redor dos fíos narrativos que entrecruzan a súa novela Ás de bolboreta. Non volo perdades!

8 comentários:

  1. Faltei a parte da sesión por un exame pero o pouco que puiden ver dela foi: unha persoa crecana,agradable,que se explicou e nos deixou explicarnos e moi faladora
    E ainda que non temolos mesmos gustos(gustame Federico Moccia e ela odiao)...Gustoume :)

    ResponderEliminar
  2. Concordo contigo, totalmente, no contido da primeira parte da mensaxe, Ylenia; concordo con Rosa Aneiros na súa valoración da obra de Moccia... Xa se sabe, para gustos cores, non si? Seguro que coincidimos en moitas outras lecturas!

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito que fora tan cercana con nos e tamén o feito de que falara sobre o libro que acabábamos del ler xa que nos axuda a comprendelo mellor. Ademais, gustoume presentala.

    ResponderEliminar
  4. A verdade e que estou de acordo con vos, foi unha visita diferente as que tiveramos nos cursos pasados, xa que ela foi a que nos dou a iniciativa de que nos lle preguntasemos sobre o libro.
    Foi moi amable e simpática :D

    ResponderEliminar
  5. A verdade e que é como decides vós, eu non pensei que fora a ser tan simpática con nós eu pensaba que era mais maior, pero gustoume a visita dela por unha razón; deixou que nós lle comentásemos sobre o libro e que lle fixéramos preguntas ,así mira por onde que lle atapou un final que nin ela pensara nel.
    Haique repetir estas actividadeees

    ResponderEliminar
  6. a mi pareceume moi boa persoa e non pensei que iba a ser tan simpatica.

    ResponderEliminar
  7. Pois contareivos que a volta no coche para Santiago deu para moito. Fíxenlle unha morea de preguntas sobre a obra que nos veu comentar: se xa tiña todos os personaxes pensados antes de comezar ou algúns apareceron a medida que ía escribindo, como decidiu a orde dos relatos... Tamén falamos dos seus gustos: encántalle viaxar e desas viaxes tira moitas ideas para logo escribir historias. Sente unha forte atracción pola cultura oriental, de aí que se preocupase por sacar á luz a lenda de amor tan bonita que aparece no libro e que personifica na rapaza kurda.
    Personalmente, encantoume a metáfora da nai de Manuel como "catwoman": paréceme moi conmovedora.

    ResponderEliminar
  8. Pois eu cóntovos que a escritora me comentou días despois que lle resultou un encontro superencantador; deixástela sorprendidísima coa imaxinación dun posíbel final no que ela mesma nin pensara. É que en Coristanco sómosche así!
    ;-)

    ResponderEliminar