As mozas do club de lectura de 1º e 2º de ESO xa prendemos nas páxinas dun novo libro. Tamén é Agustín Fernández Paz o autor de Lúa do Senegal, un relato no que, da man de Khoedi, unha nena inmigrante senegalesa que vén vivir a Vigo, coñecemos as diferenzas entre dous mundos aparentemente opostos, pero que comparten algo único: a mesma lúa e quizais tamén os soños.
Velaquí vos deixamos unha primeira achega fotográfica ao autor e a súa creación literaria.
Ola a mozos e a mozas do club de lectura(Coristranca).
ResponderEliminarEste libro foi o mellor que lin na miña vida!
enganchate moitísimo!
E algunhas veces é moi triste pero algunhas pasalo xenial!
O club Coristranca animoume a ler o libro porque dicían que era moi bonito e é verdade que é moi bonito e engancha moito,a min polo menos,eu animovos a que o leades.BKS
ResponderEliminar