sexta-feira, 31 de janeiro de 2014

CORREDORES DE SOMBRA

A tarde deste xoves foi ben pouco habitual e rutinaria. As lectoras de Corredores de sombra encontrámonos para tomar a palabra despois da lectura da novela. 

Foron moitas as impresións e tamén houbo algunha sorpresa como o achegamento ao proceso creativo interno desta novela que tan xenerosamente nos brindou o propio autor, Agustín Fernández Paz.



As imaxes falan por si propias aínda que dubidamos moito desa opini´n que di que "unha imaxe vale máis que mil palabras".
 





Volvemos ás palabras para partillar convosco a cita de Monika Zgustová coa que nos agasallou Agustín que, sen dúbida, é raíz desta novela e converteremos en principio das nosas vidas:

"Non se pode vivir plenamente a propia liberdade sen coñecer o pasado, que conformou o que somos. Nunca a ignorancia e a evasión poden ser guías axeitadas do presente"
 

quinta-feira, 30 de janeiro de 2014

DE TERTULIA EN TERTULIA

Este club de lectura non para nunca.

A sección do club de 1º de ESO, última en chegar mais que está collendo unha boa carreira, xa se reuniu a finais de decembro para intecambiar opinións sobre O segredo do lagarto arnal, de Andrea Maceiras.


Non pasou nadiña de tempo e o vindeiro LUNS 3 DE FEBREIRO farán o propio co seu novo libro escollido, ben diferente do anterior: Engurras, de Paco Roca. A ver como lles foi con esta novela gráfica! Prometemos dar conta!

O pasado luns a sección de 2º ESO tamén debullou as intimidades lectoras da novela de Francisco Castro O corazón de Branca de Neve. Alí falouse de tensión, suspense, intriga e morte mais tamén de anorexia, remorsos, inmigración ilegal, etc. Unha novela apaixoante e que moito recomendamos!







O CLUB DE LECTURA NAS ONDAS RADIOFÓNICAS

Nas nosas lecturas e mais nas tertulias ceibamos multitude de palabras ao ar. 

Agora espallámolas tamén a través das ondas radiofónicas que nos brindou Radio CUAC FM o pasado martes 28 de xaneiro.



A gravación do programa "A fume de carozo" foi unha experiencia novidosa, a primeira, mais aseguramos que non ha ser a última, porque, confesamos, caemos na trampa da radio!!!

Moitas grazas a quen nos estivo a escoitar ao vivo. Agardamos que vos guste tamén agora en diferido desde este enlace.

Grazas ás lecturas Corredores de sombras e Futuro imperfecto que nos guiaron como fíos condutores. 

Grazas a Agustín Fernández Paz, pola magnífica entrevista telefónica ao vivo. Canto nos descubriu sobre o proceso creativo e a súa experiencia persoal!!!

Grazas a Roberto Catoira, atento técnico de son, que moito nos axudou a converter en realidade este proxecto de soño lector.


CUESTIONARIO PROUST: MALORES VILLANUEVA


Hoxe o Cuestionario Proust vainos descubrir a personalidade máis íntima de Malores Villanueva, escritora e lectora de lingua galega na Universidade de Barcelona.

sexta-feira, 24 de janeiro de 2014

OS MELLORES LIBROS DE 2013



A literatura galega tamén está na rede e son varias as páxinas e blogs que se centran na súa divulgación. Unha delas é Fervenzas Literarias (http://www.fervenzasliterarias.com), onde podemos achegarnos a toda a actualidade literaria de noso.

Nstes días, os lectores e lectoras participaron nunha enquisa que pretendía recoller o mellor da literatura galega en diferentes categorías: poesía, narrativa, teatro, ensaio, tradución, álbum ilustrado, lteratura infantil e xuvenil, etc.



Rematado o prazo de votación, velaquí o resultado do mellor da literatura galega durante o 2013, segundo @s votantes de Fervenzas Literarias.


quinta-feira, 23 de janeiro de 2014

CUESTIONARIO PROUST: LEDICIA COSTAS

Hoxe o Cuestionario Proust interroga unha escritora ben coñecida para moitos membros do club de lectura: Ledicia Costas.



Velaquí o cuestionario que nos axuda a coñecela moito máis do que xa puidemos facelo no encontro que con ela mantivemos en Vigo, na Casa Galega da Cultura, o curso pasado.

segunda-feira, 13 de janeiro de 2014

CUESTIONARIO PROUST: MARTA DACOSTA

Un novo cuestionario resolto pola poeta Marta Dacosta

Nesta ocasión, acompañámolo dun poema seu para descubrírmola tamén como poeta:



A PRINCESA NA TORRE

I

Sempre hai unha princesa,
un dragón e unha torre,
e un cabaleiro que a vén rescatar.
Sempre
o conto é o mesmo.
Pero xamais nos explican a que tanta insistencia,
o nome do dragón, o lugar da torre.
Nunca nos descobren
que o cabaleiro non vén,
que non existe,
que só é unha mentira profiláctica
para que o dragón non nos devore
e a torre non se revele como o camiño do inferno.


II

A torre é o camiño do inferno,
sen guía,
sen man, nin cabaleiro que acompañe
á mediocre princesa
que arde nas lapas do dragón.
O lume é o destino,
a aniquilación e o silenzo da cinza,
meigas ou princesas,
o camiño é o mesmo.

CORISTANCO: MUNDO DE LENDAS

Imos iniciar unha viaxe cara ao pasado a través dos mundos lendarios que o pobo de Coristanco foi creando e contando. 

Desvelaremos unha destas lendas en que de seguro que vos ides ir reencontrando desde cada unha das vosas parroquias. A nosa guía será o portal dixital Galicia Encantada. Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia.

Quen coñecía esta lenda? Quen vola contou xa?

A partir de agora tamén vos tocará a vós facerdes de informantes orais e darlle á lingua...


A primeira lenda que abre hoxe esta sección chámase "Alcaián"

Lagoa de Alcaián

sexta-feira, 10 de janeiro de 2014

CUESTIONARIO PROUST: MARÍA LÓPEZ SÁNDEZ


Retomamos o achegamento aos nosos autores e autoras contemporáneas da man do Cuestionario Proust que segue a ofrecer o blog do crítico Ramón Nicolás, o Caderno da crítica.

Nesta ocasión imos coñecer a narradora e ensaísta María López Sández.