Logo da tertulia literaria do pasado xoves, Iria Castiñeiras entréganos o seu comentario sobre a lectura O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro.
Seguro que a partir de aquí xa ninguén resistirá a tentación de ler esta novela...
O
Corazón da Branca de Neve é unha novela policial e de suspense
que narra a historia de Leila, unha moza inmigrante ilegal á que lle rouban
o seu bebé, despois de ser enganada por unha mafia que se dedica a
traficar mulleres embarazadas para despois roubarlles os seus fillos.
O inspector Hermida deberá facerse cargo deste estraño caso, o cal
lle traerá máis problemas dos que el pensa.
Recomendo
este libro porque é moi entretido e realista. Trata temas que podes
ver na prensa ou na televisión calquera día, e os seus personaxes
parecen sacados da vida real.
Ademais, non se fai pesado en ningún
momento.