segunda-feira, 30 de janeiro de 2012

E FALANDO DE LOBOS...


... o máis grande contador de historias de lobos é o narrador galego Ánxel Fole. Para convidar á descuberta da súa lectura, velaquí esta adaptación dun seu conto titulado "Os lobos", incluído no libro de relatos Á lus do candil.

quinta-feira, 26 de janeiro de 2012

O LOBISHOME NAS LENDAS TRADICIONAIS

O lobishome do Incio

Nunha aldea no cimo dunha montaña, vivían persoas que lle tiñan moito medo aos lobos. Os lobos atacaban as persoas pola noite e entón as persoas, en canto se poñía o sol, facían fogueiras para espantalos. Aínda así unha rapaza foi atacada por un, pero o seu cuñado chegou a tempo e pegoulle un tiro ao lobo.

Un día, a irmá da rapaza, xunto cunha sobriña e o cuñado, o que matara o lobo, decidiron marchar a Santander e polo camiño o cuñado comeu a irmá e maila sobriña.

O asasino marchou e os restos dos cadáveres quedaron alí.

Cando os descubriron déronse conta de que os lobos non eran os que mataban as persoas, senón que era aquel vendedor ambulante que namoraba as mulleres e logo comíaas como se fose un lobo.

Recompiladora: Paula Álvarez García, Alumna de 3º de ESO no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), curso 2005-2006.
Informante: Jesús (63 anos).
Lugar e data de recollida: Val do Incio, O Incio (Lugo), maio de 2006.
Lugar da lenda: O Incio (Lugo).

NOVA TERTULIA LITERARIA

Continuamos vogando entre libros e agora andamos rodeados de mandas de lobos e de grandes LOBAS. Sen dúbida, Pel de lobo é unha caixa de sorpresas onde non sempre é doado identificar a realidade e a maxia das nosas lendas nin onde está a fronteira entre o lobo e o ser humano. 

Incerteza até o final para sabermos quen é quen. Mais habémolo ir resolvendo o vindeiro MARTES, 31 de XANEIRO na nosa tertulia literaria.

Vémonos!

quinta-feira, 19 de janeiro de 2012

QUE É ISO DO BOOK?

Hai quen di que o libro tradicional, impreso, tal e como hoxe o coñecemos desde que Guttemberg inventou a imprenta aló polo século XV, desaparecerá en non moito tempo.

Polo de agora este libro xa convive co e-book ou libro dixital que, como ben sabedes, precisa dun lector electrónico para poder ser lido. 

Será esta pequena máquina a que asegure o futuro do libro e da lectura ou manteranse os dous formatos? Que vos parece?


segunda-feira, 16 de janeiro de 2012

QUEN PENSA QUE OS LIBROS NON TEÑEN VIDA?

SORPREEEEESA!!!!!


Ollemos este vídeo a ver que descubrimos!!!

domingo, 8 de janeiro de 2012

A POR UNHA NOVA LECTURA!!!

Despois das satisfaccións que nos deron as dúas lecturas anteriores, xa temos unha nova proposta en marcha que nos dará para falar durante este mes.
Ollo aos lobos que ás veces non son o que parecen nin o que contan!!!

RECOÑECEMENTO PARA O NOSO CLUB DE LECTURA!

Comezamos o aninovo cunha moi boa nova: o proxecto do noso club de lectura "Coristranca, a lectura con retranca" acaba de ser recoñecido pola Consellería de Educación cunha importante axuda económica que nos axudará a acrecentar o ritmo lector que xa iniciamos no pasado trimestre.
Velaquí a resolución onde nos podemos atopar: https://www.edu.xunta.es/web/node/3743
Moitas experiencias ao redor da lectura están a agardar por nós!!!!