terça-feira, 28 de maio de 2013

PREPARANDO A NOVA TERTULIA


Mañá mércores 29 de maio reunirémonos novamente o club de lectura para intercambiarmos as nosas opinións ao redor da novela Asústate, Merche de Fina Casalderrey.

Ímonos achegar á autora para coñecela un pouco mellor nesta entrevista.


domingo, 26 de maio de 2013

CONCURSO LECTOFOTOGRÁFICO


O Club de Lectura Coristranca abre o I CONCURSO LECTOFOTOGRÁFICO.

O obxectivo é descubrir a mellor postura no mellor lugar posíbel para ler. Non se require moita habilidade fotográfica, mais si capacidade de creación e invención orixinal.

Enviade as vosas fotos ao correo coristranca@gmail.com antes do 10 de xuño.

Para ir entrando en calor, imos deixarvos por aquí algunhas ideas que non vale copiar...




quinta-feira, 23 de maio de 2013

QUEN SE ATREVE?

Reparade neste lemas tan orixinais que son un auténtico e suxestivo convite á lectura.


O alumnado do club de lectura do centro atreveríase a ofrecernos os seus lemas para provocar e convencer a quen aínda non se decatou de cantas vidas, alén da nosa propia, vivimos con cada libro?








LEMBRANZA GRÁFICA DO ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS E FRANCISCO CASTRO

Velaquí a testemuña gráfica que nos axudará a lembrar unha xornada de sorpresa e descuberta. Detrás da escrita dun libro que emociona sempre hai unha persoa observadora que ten moito que nos contar.

Grazas Ledicia e Francisco, polas vosas palabras!


terça-feira, 14 de maio de 2013

TERTULIAS LITERARIAS MOI NOVIDOSAS

Hoxe, no club de lectura de 2º, mantivemos unha dobre tertulia literaria ben novidosa.



Iniciamos a mañá desprazando as aulas rutineiras á Casa Galega da Cultura de Vigo para nos encontrarmos alí con Francisco Castro e Ledicia Costas, convertidos nos nosos escritores acompañantes dos últimos meses.



É hora da reflexión. Que palabras expresarían o que esta experiencia significou para vós?

segunda-feira, 6 de maio de 2013

NOVO PREMIO PARA LEDICIA COSTAS




Esta fin de semana a escritora Ledicia Costas acaba de recibir un novo premio pola súa obra O corazón de Xúpiter, esa novela que tanto nos gustou no club de lectura.

Nesta ocasión, o recoñecemento, en forma de premio, chegou desde a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) no marco da celebración na Coruña da Gala das Letras.

Dámoslle os parabéns á escritora desde Coristranca!!!

quinta-feira, 2 de maio de 2013

LECTURA DEVORADORA!!!!



Un ou dous días foi o tempo que varios membros do club tardaron en falar nas aulas e nos corredores da lectura d´O neno can.


Por que será? A ver que ideas nos van deixando por aquí...


Advertencia: este libro garda consigo unha sorpresa que se desvelará o día 14 de maio en Vigo.