Mostrar mensagens com a etiqueta verán. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta verán. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 20 de junho de 2014

O CLUB DAS EX- RECOMENDA (I)

Iniciamos aquí, e ao longo dos próximos días, unha sesión de recomendacións literarias para este verán que xa peta na porta coa forza das raiolas do sol.

Nesta ocasión serán as compañeiras do noso CLUB DAS EX- quen nos conviden a descubrir as súas últimas lecturas.

Inaugura sección a exalumna e agora recoñecida filóloga e poeta Rosalía Fernández Rial, que nos acompañou moi pertiño nesta pantalla principal nos últimos meses.

Cedémoslle a palabra:



“Poesía e rebelión!” é o título que o escritor Fran Alonso elixiu para a portada do seu último Poetízate (ed. Xerais, 2011); en formato graffiti e sobre un muro de cemento urbano.

 “Poesía e rebelión!”, así, con exclamación! Berrando, cuspindo e con espírito irreverente prologan Alonso e Carlos Negro unha antoloxía de textos subversivos, atrevidos, rebuldeiros, eróticos, festivos, de denuncia, mal falados, sorprendentes…. Unhas composicións, que a pesar de todo, “non morden”, tal e como advirten ambos autores. 



Un libro, en definitiva, para xente moza e inconformista, para recitarlle á orella aos ligues do verán e soltar versos mentres nos tiramos na bici polas pistas de Bergantiños e as praias Costa da Morte… Atréveste? 

Apertas con morriña dese Coristanco no que tanto aprendín! E grazas a Mercedes Queixas, por ser unha desas profesoras que ensinan a berrar: POESÍA E REBELIÓN! POETÍZATE! 

Rosalía Fernández Rial."

segunda-feira, 8 de julho de 2013

CORISTRANCA, UN CLUB APTO PARA EX-

A familia Coristranca non deixa de medrar nin tampouco deixa de ler.

Agora que abrimos portas e xanelas para sobrelevar as calores estivais, entra en acción a sección do Club dos EX-

Quen son? 

Iranse presentando todas elas, mais xa podemos adiantar que son EX-profas e EX-alumnas que se reencontran neste lugar común que é a lectura. Que vos parece? A que non contabades con isto?

A nosa primeira lectura será Cita en Fisterra de Luís Rei Núñez.



Iremos deixando por aquí as nosas conversas. Ollo ao piollo!