A familia Coristranca non deixa de medrar nin tampouco deixa de ler.
Agora que abrimos portas e xanelas para sobrelevar as calores estivais, entra en acción a sección do Club dos EX-
Quen son?
Iranse presentando todas elas, mais xa podemos adiantar que son EX-profas e EX-alumnas que se reencontran neste lugar común que é a lectura. Que vos parece? A que non contabades con isto?
A nosa primeira lectura será Cita en Fisterra de Luís Rei Núñez.
Iremos deixando por aquí as nosas conversas. Ollo ao piollo!
Ola a tod@s!
ResponderEliminarQue gusto dá volver visitar esta páxina e ver que está máis chea de vida que cando a deixei!
Preséntome: Chámome Silvana e fun profesora de Lingua e Literatura Galegas no CPI hai algúns aniños, aínda que a miña relación con el continuou e continuará, porque foi un centro que me uniu a persoas coas que espero seguir en contacto permanentemente e das que aprendín moitísimo.
Xa teño o libro 'Cita en Fisterra' na casa. En breve comezarei coa súa lectura e xa vos vou contando por aquí.
Un saúdo e feliz e proveitoso verán!!
Benvida, Silvana, a esta experiencia lectora real e de reencontro virtual. Imos viaxando cara a Fisterra, logo!
ResponderEliminarA primeira rotonda-quedada será a finais de xullo.
Apertas entre calores múltiples...
Mercedes
Para un ex alumna coma min é un orgullo dicir que fun ao "cole" de Coristanco do que gardo os máis fermosos recordos, tanto dos compañeiros como dos estupendos profes que tiven a sorte de ter.
ResponderEliminarDespois de 13 anos de deixar o cole/instituto (só fisicamente, porque sempre está nos meus recordos) é un auténtico gustazo poder participar neste club de lectura!
Farei todo posible para "viaxar a Fisterra" en tempo!
Laura Mariño (Seavia)
Ola!!!!
ResponderEliminarque alegría levei ao recibir a mensaxe de Mercedes!! Estupendo!!! Mercedes canta falta fan profas coma ti!!
Estarei máis que encantada de colaborar e compartir experiencias con tod@s vós!!! É unha época de moito trafego para min mais como di Laura (si, colega de cole desde que eramos máis que pequechas) tentarei estar a tempo para todo o que se vaia facendo!!
Bicos e mañá xa vou conseguir o libro!! Agora estou con Benquerida catástrofe mais "maloserá" que lle entren ciúmes!!
Boas compañeiras! Como pequena presentación, son ex-alumna.
ResponderEliminarAgradécese volver a ter contacto con EX- coristanquesas cunha iniciativa tan xenial coma esta! (Pensei que había menos tempo que marchara pero xa van ser case 6 anos)
Póñome xa con esta leitura que, as outras ben se poden adiar.
E iremos falando por aquí, non si?
Boas, pois eu son Alba, tamén Ex-coristanquesa aínda que só fai un ano que deixei ese colexio tan acolledor.
ResponderEliminarAgora, en canto teña o libro, comezarei a lelo e a comentar por aquí.
Encantada.
Alba Reino Casal