![]() |
Leticia, Julia, Vanesa, Óscar, Iria e Os Beatles reciben a Francisco Castro na biblioteca |
O autor d´O corazón da Branca de Neve visitou a nosa sección do club de 2º e 3º de ESO para coñecermos aínda máis do proceso de creación desta novela policíaca da que tanto gustamos.
Tanto, tanto gustamos que xa estamos a agardar pola prometida nova historia que o inspector Hermida terá que descubrir!
Moitas grazas, Francisco, por vires até Coristranca para explicarnos como concibes a túa escrita desde a necesidade de comunicar para transformar o mundo.
Sem comentários:
Enviar um comentário