terça-feira, 8 de fevereiro de 2011

KHOEDI DÁNOS UNHA LECCIÓN DE DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA


Das dezaoito linguas que temos no Senegal eu só sei o wolof e o francés, que son as que utilizamos na casa. Con papá falo máis en francés e con mamá, en wolof. Entre eles empregan as dúas, aínda que quizais o fagan con máis frecuencia en wolof. E mamá, cando se enfada, sempre cambia ao diola, que é a lingua que utilizou toda a vida para relacionarse con Mamá Feriane. Papá tamén sabe inglés e as dúas linguas de aquí. Polas noites, para que vaiamos aprendendo cada vez máis, fálanos en castelán ou en galego, que se asemellan moito entre si e se parecen bastante ao francés.

3 comentários:

  1. esta moi bonito o libro!e o mellor libro que lin!
    un saludo a todos

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume ver como no fondo, sexamos de onde sexamos,independentemente da cor do noso corpo, compartimos sentimentos e necesidade de comunicación. Este libro paréceme unha boa lección para todas e todos!

    ResponderEliminar
  3. A min tamén me gustou o libro por esa razón!
    A ver se acaba dunha vez a discriminación neste país!
    E que ten de malo que sexa doutro país ou doutra raza.A min eso pareceme unha tontería.
    Un saúdo a todos!

    ResponderEliminar