A PANDA DAS LETRAS
O prometido é débeda, así que aquí vos deixamos a crónica visual do encontro que mantiveron os alumnos e alumnas de 3º ESO do noso centro, hoxe mesmo, con Francisco Castro, autor de Chamádeme Simbad.
Perdestes este encontro, mais non deberiades perdervos esta lectura ou outras moitas do escritor que de seguro que vos van encantar.
Foi un momento especial,onde a algunha persoa,polo menos por min,seguro que a moitas màis lles puxo un graiño de solidariedade no seu corazòn,ou simplemente axudarlle a encontralo.È algo fantàstico e xenial que a travès dunha charla se poida disparar de repente a fantasìa e imaxinaciòn.Unha gran persoa e un gran escritor.Moitas grazas Francico Castro por compartir ese momento con nos,e trasmitirnos solidariedade e imaxinaciòn.Grazas
ResponderEliminarOla Francisco Castro, o meu avó tamén sofre alzeimer, pero a enfermidade aínda non está moi desenvolvida. Sinto moito o da túa nai.
ResponderEliminarMoitas grazas por visitarnos.
ola francisco gustoume moito a túa visita, pareceume moi divertida e fixéchesnos entender que detrás dun libro hai moito máis traballo do que parece e que podemos chegar moi lonxe porque como ti dis hoxe es editor pero mañá quen sabe...
ResponderEliminarGústoume moito a túa visita foi moi entretida e divertida con pequenas historias fixechesnos pasar un rato precioso.Espero que volvas
ResponderEliminarEncantoume o encontro que tivemos contigo, eu normalmente cando pensaba nun escritor pensaba en algén aburrido e solitario, pero vexo que se pode ser escritor e ao mesmo tempo ser divertido como ti o foches, rimonos moito cos teus chistes jejeje
ResponderEliminarPola miña parte volve cando queiras.
Saúdos.
A min, persoalmete, gustoume moito a visita, xa que ao igual que vari@s compañeir@s esperaba unha charla aburrida, basada só nun libro, pero foi máis aló, resultou graciosa, divertida e sobretodo realista, estivo moi ben a reflexión qe nos fixeches facer sobre como se tira o diñeiro en parvadas no canto de invertilo na sanidade para salvar vidas ou polo menos prolongalas e facelas o máis levadeiras posible.
ResponderEliminarEn fin que eu creo que a Coristanco podes volver cando queiras, porque te imos agardar cos brazos abertos.
Saudos.
Ola Francisco ,gustoume moito a túa visita,tanto a min como a calquera copañeir@ parecíanos que iba ser aburrida e que teríamos ganas de que acabase pronto.Pero contigo os minutos pasaron voando.grazas por facernos ver o mundo con outros ollos,espero que volvas,saúdos.
ResponderEliminarOla: eu si que son un tipo afortunado porque me digan cousas tan lindas coma vós. Volverei, encantado, cando mo pidades. Unha aperta fonda.
ResponderEliminarFrancisco, cando veñas por Bergantiños ... has avisar ;-)
ResponderEliminarola. A min, sinceramente, foi unha das charlas máis interesantes e amenas as que asistín. O libro de "Chamádeme Simbad" pareceume algo moi realista e que serve para abrirnos un pouco os ollos sobre esta enfirmidade.... grazas Fancisco!
ResponderEliminarpor certo, moi guapos todos nas fotos =D
ResponderEliminarPois eu concordo con todas as vosas apreciacións. Penso que foi un encontro que soubo a pouco; foi o primeiro, mais coido que non ha ser o último. Convídovos a ler O segredo de Marco Polo, a súa última publicación, da que algo falamos e que nos pode levar deica Venecia, linda e suxestiva cidade, non é? Eu apúntome a lela. Alguén máis?
ResponderEliminarA min encantoume a visita jaja hai que repetila!
ResponderEliminarFoi moi divertida e nos antes de ir pensabamos que ía ser outra charla aburrida na que só se falara dun libro, pero non , esta foi moi amena.
Molan as fotos ;) jaja