terça-feira, 7 de dezembro de 2010

A VOLTAS CON XOEL!



Os participantes no club de lectura Coristranca de 1º e 2º de ESO xa comezamos a lectura do libro de narrativa titulado E Xoel aprendeu a voar, da autora Marica Campo.

Xoel é un neno de trece anos que só sabe vivir dedicado á rede e á PSP, un neno pasivo que, sen embargo, nos sorprende como protagonista dunha historia de intriga até o final. Descubrirémolo na nosa xuntanza-conversa do club de lectura de finais de decembro. Estade atent@s se queredes ter máis información das nosas descubertas!

E andaredes a vos preguntar: quen é a autora que está detras desta novela? Pois velaquí unha axudiña que partillamos convosco: a súa ben interesante e completa autobiografía:

2 comentários:

  1. Gustei moito deste enlace coa presentación autobiográfica de Marica Campo. Non agardaba algo tan persoal e tan literario ao mesmo tempo; por non dicir que me atrapou polo seu discurso orixinal. E a vós, que sei que andades por aí, prestouvos tamén?

    ResponderEliminar