terça-feira, 23 de novembro de 2010

TRES, DOUS, UN... O NOSO CLUB DE LECTURA ARRANCA DE NOVO!

Iniciamos unha VIAXE colectiva ao redor dos libros, da LECTURA, da CONVERSA e da AMIZADE ao redor das PALABRAS sabias. E todo grazas a Coristranca, un club de lectura con retranca. Moita retranca e moita parola a que lle imos botar. E ademais aberta ao público e para todos os públicos. Apúntaste? Pois xa sabes, síguenos día a día e comenta no ESPAZO aberto para o DIÁLOGO e o intercambio de OPINIÓN.

Isto comeza XA!

3 comentários:

  1. Pois espero que os resultados desta nova andaina do club de lectura sexan tan bos como os que tivo o ano pasado. Ao principio daba algo de preguiza porse a ler o libro e pensar en quedar unha tarde a comentalo, pero ao final pasámolo ben. Non só discutimos sobre o libro que tocaba ler, senón que aprendemos cousas novas, rimos e, ao final, mesmo levamos un agasallo por termos participado. Que máis se pode pedir?

    ResponderEliminar
  2. pois iso espero mafalda porque eu apunteime e esotu esperando a que nos den os libros pa leer jajajajajja

    ResponderEliminar
  3. Graciñas Mafalda por facernos a boca auga...
    Canto me gusta verte tan expectante, Rai! Menudo lector crítico nos agarda! Hoxe por fin chegaron os libros que faltaban e puiden entregárvolos aos que faltabades. Pido desculpas pola demora inintencionada, mais a partir de agora... ACCIÓN, MOITA ACCIÓN!

    ResponderEliminar