Remata o primeiro trimestre e todas as persoas que formamos o club de lectura levamos deberes lectores connosco. Á volta do aninovo celebraremos as nosas primeiras xuntanzas-debate e deixaremos caer por aquí as conclusións ás que os libros nos van levando.
Mentres tanto, non queremos deixar de vos recomendar algunhas lecturas en galego para que sempre esteades á última en suxestivas novidades para cociñardes as vosas particulares "sopas de letras". E xa sabedes, estas peticións son moito do agrado do Apalpador, do Papá Noel e dos Reis Magos, dependendo de quen sexa o personaxe máxico que pase polas vosas parroquias e lugares.
Velaquí este fabuloso enlace ao catálogo "Agasallo" que acaba de saír do forno ( http://www.agasallo.eu/).
Non diredes que non sabedes que pedir nas cartas!!!!
Ola Mercedes, son Alba de 3ºA. Non atopo o libro "Chamádeme Simbad" en ningunha librería.
ResponderEliminarSabe(s) donde o podo atopar?
Gracias.
Pois é un libro actual que non debería ter ningún problema. Onde miraches? Eu nas librarías da Coruña véxoo sen problema. Non debería haber problema.
ResponderEliminarOla de novo, Alba! Acabo de saber que o libro se esgotou e están imprimindo a 3ª edición. A partir do día 19 de xaneiro está de novo á venda en librarías. Teremos isto en conta para os tempos inicialmente marcados na lectura deste título. Apertas
ResponderEliminarAh! Vale, moitas gracias, eu mirará na Vecos, na Brañas e na Villar, dixéronme que o tiñan pedido, pero que non daba chegado.
ResponderEliminarGracias de novo e igualmente.