terça-feira, 21 de dezembro de 2010

FLIZ NDL E MELLOR ANNVO KN M8S LIBROS!!!!


Remata o primeiro trimestre e todas as persoas que formamos o club de lectura levamos deberes lectores connosco. Á volta do aninovo celebraremos as nosas primeiras xuntanzas-debate e deixaremos caer por aquí as conclusións ás que os libros nos van levando.

Mentres tanto, non queremos deixar de vos recomendar algunhas lecturas en galego para que sempre esteades á última en suxestivas novidades para cociñardes as vosas particulares "sopas de letras". E xa sabedes, estas peticións son moito do agrado do Apalpador, do Papá Noel e dos Reis Magos, dependendo de quen sexa o personaxe máxico que pase polas vosas parroquias e lugares.

Velaquí este fabuloso enlace ao catálogo "Agasallo" que acaba de saír do forno ( http://www.agasallo.eu/).

Non diredes que non sabedes que pedir nas cartas!!!!

4 comentários:

  1. Ola Mercedes, son Alba de 3ºA. Non atopo o libro "Chamádeme Simbad" en ningunha librería.
    Sabe(s) donde o podo atopar?
    Gracias.

    ResponderEliminar
  2. Pois é un libro actual que non debería ter ningún problema. Onde miraches? Eu nas librarías da Coruña véxoo sen problema. Non debería haber problema.

    ResponderEliminar
  3. Ola de novo, Alba! Acabo de saber que o libro se esgotou e están imprimindo a 3ª edición. A partir do día 19 de xaneiro está de novo á venda en librarías. Teremos isto en conta para os tempos inicialmente marcados na lectura deste título. Apertas

    ResponderEliminar
  4. Ah! Vale, moitas gracias, eu mirará na Vecos, na Brañas e na Villar, dixéronme que o tiñan pedido, pero que non daba chegado.
    Gracias de novo e igualmente.

    ResponderEliminar