As nenas do Club de Lectura de 1º e 2º de ESO andamos enredadas coas historias que lle acontecen a Xoel, grazas á imaxinación da escritora Marica Campo. Ímosvos ir deixando por aquí algunhas anotacións do libro para que o vaiades coñecendo.
Seguro que xa vos estades a facer preguntas: pero como un neno chamado Xoel pode aprender a voar?
Mais hai que ter paciencia e agardar... Non deixedes de mirarnos por esta xaneliña- blog... Nin de deixarnos os vosos comentarios, preguntas, dúbidas...
Xa veredes como non resistides a tentación de lelo!!!!!
O libro de Xoel é un libro moi divertido e entretido, porque descubres moitas cousas interesantes.Faite pensar como sería a vida sen ordenadores,PSP,DS...Espero que o leades, asegúrovos que vos vai gustar.Pedídello ao Apalpador.
ResponderEliminarA min gustáronme estes versos do romance do Conde Olinos:Las ramitas que se encuentran,fuertes abrazos se dan.Y aquellas que no se encuentran no dejan de suspirar.
ResponderEliminarOla a todos os que estades lendo o libro de Xoel. Asegúrovos que se empezades a ler engánchavos moitísimo.Está moi ben.Un saúdo a todos.
ResponderEliminar