Xulia Alonso nun encontro co alumnado do club de lectura do IES de Curtis |
Xa queda pouquiño para rematarmos o curso, mais no club de lectura somos xente organizada e combinamos todos os traballiños que nos veñen enriba cuns minutiños de lectura.
A sección do club de lectura de 3º e 4º imos introducirnos nun mundo ben diferente a todos os que nos acolleron nas lecturas anteriores da man da novela Futuro imperfecto de Xulia Alonso.
Imos achegarnos un bocadiño a esta lectura de forma externa, para saber que pretendía a autora coa escrita deste libro que ela define como "un canto á supervivencia, á non resignación" e que non nos deixará impasíbeis.
Sem comentários:
Enviar um comentário