Despois dun espléndido ano de lecturas, conversas, imaxes, viaxes, gravacións, etc. ben nos mereciamos unha festiña, non si?
Lembrades? Que ben o pasamos!
|
Aínda que nos fallaron algúns membros do club, non hai dúbida: somos un fantástico clan! |
|
O próximo curso vémonos as caras de novo! | | | | |
|
|
Eu son de empanada! Pois eu de tortilla! |
|
|
E non podiamos deixar de lle cantar os parabéns a Leticia polo seu aniversario... |
|
Begoña, a profe de francés, compañeira lectora moi especial e magnífica conversadora, non puido acompañarnos neste treito final de curso por estar moi atarefada coas novas responsabilidades felices que están a piques de chegar xa. Mandámoslle desde Coristranca unha aperta moi grande e cálida para ela e outra para que lla entregue a Siena en canto chegue nestes días.
Sem comentários:
Enviar um comentário