sábado, 3 de novembro de 2012

POSTURAS E LUGARES FAVORITOS PARA LER

Xa sabemos que cadaquén ten a súa postura favorita para os tempos de lectura e mesmo o seu lugar preferido. 
Desde o mundo curioso de Coristranca preguntámonos: cal é o teu?

Convidámosvos a ir achegando as vosas respostas. Seguro que levamos sorpresas inesperadas!!!

Para ir dando pistas, velaí vos deixamos algunhas ideas... coincidentes coa vosas experiencia lectora ou non?


3 comentários:

  1. O meu lugar que máis frecuento para ler, sobre todo no verán, é o xardín, ao carón dunha palmeira que me da a sombra cando pega o sol. E se chove ao lado da estufiña!!
    E o teu cal ven sendo Mercedes? ;)

    ResponderEliminar
  2. Non podo imaxinar un lugar mellor para ler: o tren. Invita a soñar,acompaña...

    Outro lugar imprescindible: os cafés literarios das cidades: París, Oporto, Lisboa, Madrid... Imaxinar que antes, estiveron neles grandes escritores, poetas, filósofos... debuxando as súas obras, quizáis na mema mesa!É un verdadeiro pracer!

    ResponderEliminar
  3. Que envexa me dás, Jennifer!!! xA me apuntaba eu a ese xardín onde as palabras teñen que arrecender doutro xeito ben diferente!!!
    Concordo contigo tamén, Begoña, de feito eu descubrín o tren como espazo de lectura fantástico ultimamente. Apúntome, si!
    Cal é o meu favorito? Pois depende: no verán, a praia, co ruxerruxe das ondas como fondo. E no inverno, a camiña, ben quentiña, pola noite, cando a casa xa está en silencio.
    A ver que opinan @s demais!!!!

    ResponderEliminar