Desde Coristranca dámos as grazas a todas as persoas que construídes este club de amizade ao redor da lectura.
Non estamos o club completo no vídeo porque somos tant@s que sempre falta alguén por unha outra razón.
Mais
hai unha persoa que non aparece diante da cámara porque se ocupou de
gravar, fotografarnos e, logo, montalo todiño. Quen é? Quen ía ser? A
xefa de estudos e profe de francés: Begoña de Blas. O noso agradecemento sincero a ela!
Dámos a benvida ás novas incorporacións de alumnado e profesorado que, sen dúbida, terán compas guieiros ben experimentados doutros anos.
É un pracer compartir soños e parola con tod@s vós!
Preparad@s! A primeira tertulia chega en breve!!!
O meu admirado Groucho Marx decía sempre que non formaría parte dun club que llo aceptara como membro.
ResponderEliminarSen que sirva de precedente e só por esta volta, teño que estar en desacordo con el, ja,ja, ja... estou feliz de formar parte deste club!!
Apertas a todos.
Begoña