segunda-feira, 27 de fevereiro de 2012

NOVA TERTULIA LITERARIA

Este club non para! Xa temos nova lectura devorada e o próximo mércores 29 de febreiro, para despedir este mes que converte o 2012 nun ano bisesto, reunirémonos nunha nova tertulia literaria.

Seguro que este Chamádeme Simbad acordou moitos pensamentos e sensacións!

Déixovos aquí o un vídeo que nos achega a Francisco Castro, o escritor que está detrás desta fermosa historia de amor familiar.

6 comentários:

  1. Eu asegurovolo e un libro que engancha e de moita risa.Eu non podo asistir ainda que me gustaria.Que o pasedes ben.

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Encantoume o Libro de Chamádeme Simbad!!! :)

    ResponderEliminar
  3. Unha lectora dos libros de Frsancisco :21 de março de 2012 às 09:44

    Pois aínda os do club de lectura do Pichel te coñecemos moi pouco, como escribes, e en que te baseas; bueno, dise que xa viñeras o CPI Alcalde Xosé Pichel pero os novatos no club de lectura coñecemoste moi pouquiño, aínda que moitos podemos saber como es grazas a pequena información que traen os teus libros, non é suficiente, ou non para moitos de nos. En especial o libro de "Chamádeme Simbad" foi o primeiro que lin e como todos os libros, se tivera que descartar unha parte, sería o repetitivo que foi o de que o pai de Paulo estivera seguido co movil na orella. Despois, a parte que máis me gustou foi que non me esperaba que o avó ou o Capitan os sete mares que era como lle gustaba máis, desaparecese, pero si que o rescataría o gran Simbad o Mariñeiro.
    Espero con gran entusiasmo leer máis libros, o que lle teño moita curiosidade é " O ceo dos afogados" que espero ter leido e comprado para que mo firmes para cando ti esteas aquí e así decirche a miña opinión en persoa. Como dixen espero con ansia a túa volta o Pichel e así poderche facer miles de preguntas que rondan na miña mente.
    Ata outra!

    ResponderEliminar
  4. Unha lectora dos libros de Fancisco:21 de março de 2012 às 10:11

    Sobre o video:

    Quizais lles pase a moitas persoas, pero a min sempre, por iso volvo a escribir. Pensaba que me acordaría do video e non era certo, por sorte decateime, sei que non foi unha casualidade xa que non creo nelas, pois iso, houbo algo que me chamou moito a atención.
    E…vendo o vídeo, pensei ..Quizás teñas razón e non poidas ser un lider do rock and roll e por iso es escritor pero non creo que naceras na época nin no instante histórico equivocado. A frase de que "cambiarías todo o que expresas na literatura por podelo facer na música", vale que che guste a música pero quizas naceras para ser escritor, que é algo que se che da moi ben. Creo que a literatura é un modo maravilloso de expresarlle o mundo o que pensas e sintes en moitos momentos aínda que sea descifrando miles de sentidos que ten unha frase e que non todos poden ver. Tanto a música como os libros son formas de expresión, moi distintas, pero sono, e aínda que unha parezca máis fácil que a outra, non o é. Paréceche que sabes unha cousa é ata que comprobas que é certo pódeste equivocar. Creo que a lectura son distintos mundos maravillosos nos que te podes sumerxir ou simplemte darlle distintos significados a unha frase. Con todo isto quero decir que naciches como escritor e así debe ser, e aínda que quizais che guste máis a música e penses que non vales un nunca pode darse por bencido. Non son quen para obligar nin decir que o que fagas está mal, pero todo, todo o que unha persoa sabe facer é maravilloso, sobre todo se o fai ben, como ti. Unha persoa sin experiencia coma min, sin mundo por experimentar non sabe o que dí e quizais isto non che parezcan máis que burradas, pero.. que lle imos facer. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  5. Penso que ten toda a razón!!

    ResponderEliminar