segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

REPORTAXE TERTULIANA

Chegou unha nova tertulia na sección do club de lectura de 1º e 2º de ESO, aínda que con algunhas pequenas baixas "temporais". De novo acompañáronnos as historias de lobos. Houbo quen gozou máis e quen menos coa lectura de Pel de lobo. Mesmo aqueles que non deron rematado a lectura, quedaron con ganas de continuala, porque, como puidemos comprobar, o final tan emocionante e sorprendente agóchase nas últimas páxinas.


Ademais da parola, tivemos a oportunidade de ler un pequeno texto autobiográfico dun home ao que de nono, nas terras de Vimianza, un lobo pegou trinta e tres trabadas no pescozo. Non dabamos creto de que estas situacións tamén se puidesen dar máis aló dos libros e das historias que neles se contan. Grazas á profesora Rosa Rial por nos ceder esta hstora que ela conserva coma un tesouro!



E xa andamos metidos na próxima lectura!!! Desta volta enredaremos con piratas!!!

1 comentário:

  1. Non puiden asistir á última xuntanza do clube de lectura sobre "Pel de lobo", pero vou aproveitar este blog para expresar a miña opinión.
    Por que os lobos eran mulleres? Na miña opinión era a súa maneira de rebelarse ante unha sociedade na que o pai, o marido sempre anulaba calquera pensamento da muller. Máis ben non podía expresar a súa opinión. O lobo branco, quizais por que chega a atopar quen a comprende, decide abandonar a súa loita , o lobo negro, sen embargo, non pode renunciar aos seus principios e a súa loita pola liberdade.
    A ver se pode estar na seguinte xuntanza!

    ResponderEliminar