sexta-feira, 21 de janeiro de 2011

MAGNÍFICA TERTULIA GRAZAS A XOEL!



Falamos moito hoxe, contrastamos opinións, coincidimos con Xoel nalgúns gustos, rimos, aprendemos vocabulario (unha palabra que se repite moito no texto, "abúlico", desconcertounos durante a lectura...), emocionámonos con versos que veñen no libro e case chegamos a visualizar a casa dunha compañeira do club de lectura que vive entre a recta de Santa Comba e Carballo, un lugar por onde transita Xoel mentres está aprendendo, sen sabelo, a voar.

E sorprendémonos, porque, quen ía pensar que o Merlo Branco é quen ao final resulta ser?

Que queredes que volo digamos? Diso nada! O segredo está no libro agardando por ti!

Graciñas a Marica Campo por escribir e agasallarnos esta fermosa historia!

7 comentários:

  1. espero ke nos tamen o pasemos ben na nosa reunion sexa tamen asi de divertida komo ddecides

    ResponderEliminar
  2. Todas e todos os que nesta xuntanza participaremos mañá luns, día 24, faremos que así sexa, non si, Rai?

    ResponderEliminar
  3. Espero que o leades,o libro engancha moito, digovos eu que o lin e non pensei que me enganchara tanto,na miña vida lin tanto! JA,JA,JA...O único que quero con isto é que o leades porque é un bo libro.Como o libro fala de SANTA COMBA,A CORUÑA...pois ídesvos familiarizar ides chegar a imaxinar que estás nese sitio e chegaredes a pensar que sodes vós os do libro e non Xoel.ESPERO QUE O LEADES!MOITOS BIKOS!

    ResponderEliminar
  4. Ola a todos,eu polo de agora non estou apuntada pero voume apuntar ao club de lectura(Coristranca).
    Ainda que no primeiro libro non estaba apuntada lino e encantoume moitísimo.
    Pero agora no segundo libro vouno ler e ademais vou ir á tertulia do club.Estou emocionadísima!

    ResponderEliminar
  5. Eres ti a misteriosa persoa da nosa reunión da cal non nos quixeron decir o nome¿?
    ALBA

    ResponderEliminar
  6. Non sei de que reunión me falas ti!
    O que si sei é que o terás que descubrir ti mesma!
    E por que queres saber o meu nome se aquí só importa o grupo de lectura(Corisrtanca)
    Jajajajaja
    E se queres saber quen son terás que estar atenta ao blog!

    ResponderEliminar
  7. E logo agora non queres saber quen son?
    jajjaajjaja.
    pois se queres saber quen son teras que segir este bog
    jajjaja
    un biko
    para coristanco

    ResponderEliminar