sexta-feira, 7 de janeiro de 2011

125 ANOS DESPOIS SEGUIMOS A DESCUBRIR A CASTELAO



A comezos de 1886 nacía en Rianxo o escritor, artista plástico e político nacionalista Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Esta efeméride podería ser unha boa escusa para relérmolo ou para descubrírmolo como narrador, caricaturista, humorista, dramaturgo, ensaísta, etc.

Quen se anima?
Por aquí podedes pasear pola súa liña do tempo biográfico: www.museocastelao.org/biografia.html

A próxima ruta será a través da súa obra narrativa. Preparádevos para comezar con garbo o Ano Castelao 2011!
Por certo, Feliz Aninovo Lector, para todas e todos, amig@s da lectura!

1 comentário:

  1. Alguén sabe por este mundo "virtual" en que lugar "real" galego está ubicado esta fermosa estatua coa imaxe de Castelao?

    ResponderEliminar