terça-feira, 31 de janeiro de 2017

DE TERTULIA

Este martes mantivemos un novo encontro tertuliano coa sección do club de 4º. 

A lectura de Futuro imperfecto, asinado por Xulia Alonso, deixou unha forte pegada en todo o equipo lector e moito o recomendamos. En breve, deixaremos por aquí algunhas pistas...

Desde aquí queremos darlle a benvida ao noso tempo e espazo de conversa presencial a Esperanza, unha nai que, desde comezo de curso, nos acompaña a profesoras e alumnado como lectora fantástica nesta singradura que nunca nos decepciona.

Viva Coristranca!


3 comentários:

  1. Que marabillosa imaxe a de Futuro imperfecto nas vosas mans! Que gocedes coa súa lectura. Moitos bicos e mil grazas.

    ResponderEliminar
  2. Convido,a quen queira mergullarse na dozura,tenrura e beleza dunha mirada atlántica;a pasear polas páxinas de Futuro imperfecto.

    ResponderEliminar