Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, celébrase o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar a sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos/as bilbiotecarios/as.
Este ano, as autoras seleccionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, a galega Ledicia Costas e a éuscara Elena Odriozola.
Este ano, as autoras seleccionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, a galega Ledicia Costas e a éuscara Elena Odriozola.
Celebraremos este día inaugurando a semana de lecturas de medo compartidas nos primeiros recreos de cada xornada, coincidindo co plan de actividades coordinado desde o ENDL e apoiado polos clubs de lectura do centro.
Sem comentários:
Enviar um comentário