Onte á tarde a nosa tertulia literaria contou coas lectoras e lector da novela Corredores de sombra.
"Visitounos" o autor, Agustín Fernández Paz, desde unha entrevista concedida recentemente á prensa por mor do importantísimo Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil que lle concederon recentemente na Feira do Libro de Guadalajara (México) e tamén desde a pantalla do computador escoitando a lectura dun anaquiño desta novela na súa propia voz.
Sen dúbida, foi unha tarde diferente e moi agradábel. Va que xa vos estamos a dar envexa? ;-)
Sem comentários:
Enviar um comentário