quinta-feira, 1 de dezembro de 2011

E DESPOIS DA TERTULIA LITERARIA...

... chegan sempre as lembranzas! 

A nosa tertulia sobre Ás de mosca para Anxo, da escritora Fina Casalderrey, foi tan grande en palabras e en sensacións compartidas, en intercambio de opinións, medos e risos, que non caberían neste blog, así que só podemos deixar algunha que outra lembranza fotográfica.

Xa estamos prepararando a seguinte! Ollo ao piollo!




5 comentários:

  1. Moitos parabens a todas as "coristranqueiras" e os dous "coristranqueiros" por ese primer encontro do club de lectura que tanto disfrutei. Foron tan enriquecedores todos os vosos comentarios e conversas sobre o libro que seguro que o lerei nas vacacións de Nadal. Por outra banda quero animarvos a que sigades participando así de ben nas próximas lecturas e sobre todo que as disfrutedes...e se me permitides,quisera felicitar especialmente á "coristranqueira maior" por facer posible esta actividade. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. O primeiro encontro do club de lectura encantoume!
    Sinto non poder seguir participando nos encontros de forma física pero prometo estar ao tanto de todo conectandome ao blog do club.
    Un bico para to@s e a seguir disfrutando da lectura.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns a tod@s por participar nesta actividade fascinante á que espero poder asistir algunha vez e parabéns especiais á profesora que dedica o seu tempo e esforzo a facer que os nenos amen a lectura: grazas Mercedes.

    ResponderEliminar
  4. Era a primeira vez que asistía ao Clube de lectura en Coristanco e podo asegurar que me encantou sobre todo o ver un grupo tan xeitoso de rapazas e rapaces tan interesados na lectura. E como non, parabéns a Mercedes por facer esta actividade tan enriquecedora.
    Ánimo, e a seguir

    ResponderEliminar
  5. Non se puido comezar con mellor pé! Din que a lectura une e nós, desde o noso gran grupo de amantes da lectura e da boa conversa, puidemos comprobar que é ben certo, non si? Isto acaba de comezar, así que imos xa pola segunda lectura, Pel de lobo, de Xosé Miranda. En breve, teremos os exemplares, así que preparad@s, list@s... XA!

    ResponderEliminar