quinta-feira, 18 de fevereiro de 2010

BENVID@S A CORISTRANCA!


Comezamos hoxe a encher este blogue do Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.

Agardamos que as lecturas propostas sexan do voso agrado. Para ben e para mal teredes á vosa disposición esta ferramenta web, para facerdes críticas construtivas dos libros e para vos informardes sobre o seu ámbito de produción.

Agardamos os vosos comentarios.

4 comentários:

  1. Moito éxito nesta nova andaina.
    A lectura compartida é unha fermosa experiencia. Que a gocedes.

    ResponderEliminar
  2. Estivo ben compartir con vós as opinións sobre Comedia Bífida. Como neofalante, interésame moito todo o que ten que ver cos prexuízos en torno ao galego. Alédame saber que estades orgullosas do voso idioma e felicítovos por usalo todos os días aínda que teñades certas dúbidas sobre a fermosura do voso acento. É fermoso... sen lugar a dúbidas. Só nunha cousa non estou de acordo con vós: o galego non serve só para Galiza. Asegúrovos que en Portugal, Brasil, os Açores e mesmo a afastada Angola fariádesvos entender empregando o galego. Comprobeino en persoa... e foi "flipante"

    ResponderEliminar
  3. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  4. Na reunión do clube de lectura de hoxe no que falamos sobre "Comedia Bífida" quedou patente que ninguén viu no libro ningunha situación que non tivese observado con antelación na vida real.Todo é bastante familiar. Aledoume ver como xente nova defende con tanta enerxía a nosa cultura, tradición e lingua. Espero que de verdade ao longo da vosa vida continuedes reafirmándovos no que hoxe oín.

    ResponderEliminar