sexta-feira, 2 de junho de 2017

ENCONTRO CON MARÍA SOLAR


Pechamos o ciclo de encontros deste curso escolar as seccións de 3º e 4º ESO coa visita dunha autora que agardabamos con impaciencia: María Solar.


Os nenos da varíola e As horas roubadas ocuparon as nosas lecturas e os nosos faladoiros previos nas seccións de 3º e 4º ESO. 

Souberamos algo máis da intrahistoria da novela As horas roubadas grazas á recente entrevista radiofónica do noso último programa "A fume de carozo". 


Agora cumpría avanzar algo máis neste relato dun tempo difícil para a liberdade das mulleres e mergullarnos no pouso histórico e científico d´Os nenos da varíola, que nos trouxo unha inesperada descuberta da man da súa autora: un dos nenos protagonistas da expedición de Balmis era de Coristanco!!!! Quen o podería supoñer?


Grazas sempre, María, por vires encontrarte connosco da man da túa escrita compañeira!

6 comentários:

  1. Fíxose pouco o tempo escoitando a María Solar.
    Eu lin "As horas roubadas"e sentinme identificada .
    Volvín ós meus anos de nena ,cando había que facer as cousas "coma a xente"seguindo un manual de instruccións imposto pola sociedade:
    Casarse"coma a xente".
    Ter fillos "coma a xente".
    Ter unha casa "coma a xente".
    Sen ter en conta os sentimentos...

    Quedei con ganas de ler "Os nenos da varíola",despois de saber que un deles naciu en Ferreira (Coristanco).

    ResponderEliminar
  2. Por desgraza eu non puiden asistir por completo ao encontro con María Solar e sempre me quedará esa espiña; pero disfrutei moito lendo o seu libro "As horas roubadas", con el puiden ver como foron os tempos na infancia da miña nai e moitos dos acontecementos do libro coinciden con anécdotas que ela me conta.
    Moitas grazas a María Solar por comprartir esa tarde con nós e por escribir libros con tanto sentimento.

    ResponderEliminar
  3. Foi un encontro marabilloso, aínda que moi curto. Grazas, María, por facer un oco na túa axenda, tanto para o programa radiofónico como para asistir ao noso centro, por resolvernos todas as dúbidas do libro e contarnos tantas anécdotas.
    Próxima lectura: Os nenos da varíola!
    Un bico grande e, de novo, grazas 😘

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas María por compartir o teu tempo con nós,sen dúbida foi unha das mellores quedadas!��

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas María por compartir o teu tempo con nós,sen dúbida foi unha das mellores quedadas!��

    ResponderEliminar