segunda-feira, 8 de maio de 2017

TERTULIA CON MARÍA CANOSA

O equipo lector de 1º e 2º ESO recuperamos as tertulias literarias e nesta ocasión contamos cunha convidada de luxo, a escritora ceense María Canosa, a autora da nosa última lectura, O neno inverno, quen nos descubriu algunhas das razóns que a levaron a escribir este libro, así como cales son as pautas do seu proceso creativo e o camiño da escrita desde o momento en que se idea unha historia que é preciso contar até que se chega a ver publicada en formato libro.



Toda unha descuberta para esta tarde de comezo de semana do mes das letras galegas.



Moitísimas grazas, María, por nos acompañares hoxe. Agardámoste na vindeira lectura e nunha próxima visita!

2 comentários:

  1. Grazas a vós. Foi un pracer compartir confidencias. E sorrisos!!
    Bicos e folerpas
    María Canosa

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas María Canosa aprendemos moito de ti.

    ResponderEliminar