quinta-feira, 17 de novembro de 2016

CHEGOU O DÍA!


Este mércores 16 de novembro vai ser difícil de esquecer, xa que tivemos a sorte de poder coñecer persoalmente e conversar devagar coa escritora María Reimóndez, autora da novela A dúbida que tanto nos gustou e fixo pensar e repensar ese mundo escuro e silente, mais moi presente na sociedade que nos rodea, dos abusos sexuais a menores.

Sempre se di que a lectura é unha viaxe e abofé que esta o foi e non metaforicamente.

En Coristranca gustamos de nos deixar acompañar pola lectura e os libros aló onde imos e descubrir novos espazos e amizades canda eles. Así que aló nos fomos á Coruña, á estupenda libraría Moito Conto, onde nos recibiu a libreira Esther, e mantivemos unha novidosa tertulia con María Reimóndez.


Non puideron estar todos os membros do club de lectura de 4º ESO e ben que os estrañamos, mais prometemos contarlles (case) todo o que vivimos nesta tarde, mais xa en diferido :D

Ah! E por primeira vez conseguimos sumar ás habituais lectoras, alumnas e profesoras, unha nai. Benvida, Esperanza!



Deica a próxima, María! Seguirémoste entre liñas!

Prepárate, Esther! Volveremos por Moito Conto!

5 comentários:

  1. Foi unha moi boa tarde e todas as dúbidas que tiñamos, solucionóunolas nun ambiente moi agradable como é a libraría Moito Conto! Moitas grazas a María por facer un oco na súa apertada axenda e pasar unhas horas connosco; a Esther, por deixarnos facer o encontro alí; a ti, Mercedes, por organizalo e tamén a Esperanza, que sen ela non poderiamos ir ata Coruña ��

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por nada,María;foi un pracer compartir con vós unha tarde diferente ás do meu dia a dia.Grazas a vós por deixarme mesturar nesa conversa tan enriquecedora.

      Eliminar
  2. Sen lugar a dúbida foi unha esperiencia boísima que repetiría sen problema, moitas grazas a María por adicarnos un pouco do seu prezado tempo na fantástica libraría moito conto e moitas grazas as demáis persoas que fixeron posible este encontro, ata a próxima!

    ResponderEliminar
  3. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  4. Foi unha tarde que convidou á reflexión, mágoa que se teña que seguir a falar dos abusos sexuais a menores,a parte mais indefensa e vulnerable da sociedade,dóe pensar que hai quen sofre caladiñamente,o comportamento de seres, que descoñecen a tenrura e a sensibilidade...

    A maioría das veces nin sequera se chega a saber destes abusos ,e cando é así,ou non se denuncia ,ou se fai o mais agochadamente posible,por vergoña ó que dirán.

    A protagonista do libro fixo o que debería ser ,o normal,buscar as probas que demostraban que seu home era realmente culpable,pero tristemente a realidade é ben diferente... é mais sinxelo ``mirar pa outro lado´...



    Grazas Mercedes por convidarme ó vóso clube de lectura,estupenda maneira de achegar os rapaces ó exercicio de ler e de comentar a lectura,tan importante coma a lectura e sí.A espresión oral fainos sociables,e na actualidade somos cada vez mis individualistas,gardamos mais do que amosamos.

    ResponderEliminar